Normas para publicar
- Normas de publicación
Os artigos deberán ser inéditos, non estar en proceso de revisión nin pendentes de consideración por ningunha outra publicación e axustarse á estrutura seguinte:
Extensión aproximada: de 8 a 15 páxinas DIN-A4 escritas con tipografía Arial, corpo 13 e interlineado 1,5 (aprox. 2400 caracteres por páxina).
Esta norma é orientativa e poderá adaptarse ás necesidades da/s persoa/s autora/s co fin de aportar maior claridade expositiva ao artigo.
- Título: fará referencia ao contido do texto. Pódense inserir subtítulos.
- Resumo do contido (de 4 a 6 liñas).
- Palabras clave (de 3 a 5).
- Na primeira páxina deben figurar os seguintes datos:
- Nome e apelidos do autor ou autora
- Especialidade e/ou destino en que exerce
- Enderezo electrónico de contacto (opcional)
Debe presentar unha estrutura lóxica: contextualización, obxectivos, recursos empregados, descrición da actividade, metodoloxía, avaliación e conclusións.
Esta norma é orientativa e poderá adaptarse ás necesidades da/s persoa/s autora/s co fin de aportar maior claridade expositiva ao artigo.
- Ao final do documento debe incorporar as notas, se as houbese, e unha bibliografía de referencia.
Pode incluír táboas, gráficos, esquemas ou cadros, que faciliten a lectura do artigo. Numeraranse consecutivamente en función do tipo e incorporaranse no lugar preciso dentro do corpo do texto.
Os gráficos, esquemas e táboas presentaranse nun formato que non sexa de imaxe co fin de facilitar posibles modificacións de cara a unha futura maquetación.
Recoméndase achegar fotografías que ilustren e enriquezan o contido (ata un máximo de 5 ou 6). Débense enviar as imaxes dixitais en arquivos independentes do texto, en formato JPG, cunha resolución mínima de 300 ppp e debidamente identificadas (Ex.: imaxe 1. Foto do centro.jpg).
Deberáse indicar no documento a súa ubicación.
Autorizacións: É responsabilidade do autor ou autora conseguir os permisos para a reprodución de ilustracións, fotografías e calquera material gráfico, audiovisual ou multimedia utilizado.
- Se se queren xuntar gravacións en vídeo ou audio complementarias, respectaranse as seguintes especificacións técnicas:
- audio: MP3 (o ficheiro debe ser menor de 120 MB)
- vídeo: MPEG, FLV (o ficheiro debe ser menor de 400 MB).
- A RGE dará notificación de recibo a todos os artigos comunicándoo á/s persoa/s autora/s.
- Para valorar cada colaboración o Comité de Redacción atenderá a criterios de relevancia, adecuación ás normas de publicación, actualidade do traballo e alcance das conclusións. No caso de que o tema o requirise, procederase a consultar con avaliadores externos.
- Normas de redación
Os traballos deben presentarse redactados con claridade expositiva, precisión terminolóxica e corrección lingüística.
A RGE seguirá a normativa oficial do idioma galego e reserva a súa capacidade de traducir e adaptar os textos ao galego no servizo de tradución.
O Comité de Redacción da RGE reserva para si a facultade de introducir as modificacións que estime oportunas nos traballos, en aplicación das Normas de publicación.
- Normas para a bibliografía e para as notas
Seguiranse as normas bibliográficas establecidas pola APA 7ª edición.
Tanto a bibliografía como as notas colocaranse ao final do traballo e por orde alfabética. Todo libro mencionado no texto debe aparecer na bibliografía.
Evitaranse as citas bibliográficas e as notas a pé de páxina.
- Normas para táboas, figuras, gráficos e cadros
Seguiranse as normas bibliográficas establecidas pola APA 7ª edición.
- Dirección de envío
Os artigos enviaranse a eduga [at] edu.xunta.gal (eduga[at]edu[dot]xunta[dot]gal)