Ir o contido principal
innovaicon
Outros

Protesta popular e violencia colectiva na Guerra da Independencia

Proxecto “Violencia colectiva en las ciudades españolas” (Ministerio de Ciencia e Innovación–Agencia Estatal de Investigación)
José María Cardesín Díaz
Profesor Catedrático de Historia dos Movimientos Sociais, Universidade da Coruña

 

Por que, desde as primeiras sublevacións patrióticas, os ataques contra autoridades públicas españolas marcaron as mobilizacións populares ao longo da guerra? Eran os tumultos unha mostra de espontaneidade colectiva, produto da desesperación e a ira, ou na súa organización podían estar implicadas as máis altas personalidades?
Entrevistas a historiadores, especialistas en violencia colectiva, axúdannos a entender o papel que xogaban os ataques contra autoridades dentro dos repertorios de acción colectiva na Europa da Idade Moderna e Contemporánea. O que diferenciaría á Guerra da Independencia é a proliferación destas revoltas e o seu carácter letal: 73 motíns que afectaron a 62 poboacións e deixaron 130 mortos.
Mediante recursos a mapas e gráficos animados, así como a numerosas ilustracións da época, abordamos as variacións que experimentou o fenómeno ao longo da guerra. Xogando entre escalas espaciais, combinamos estudos de caso en cidades concretas con perspectivas xerais na escala rexional e do conxunto da Península Ibérica. Novas entrevistas a membros do equipo permítennos presentar algunhas achegas metodolóxicas: unha base de datos que permitirá realizar inferencias estatísticas, un sistema de información xeográfica que axuda a elaborar mapas animados dos motíns nas cidades afectadas, e un Atlas onde se combinarán estudos de caso e visións de conxunto.
Como conclusión provisional, propoñemos a hipótese dunha organización central das primeiras sublevacións patrióticas, que incluía a eventualidade de desenvolver ataques ejemplarizantes contra altas autoridades. Pero tamén suxerimos que, case de inmediato, este modelo de acción foi obxecto de apropiación por diferentes colectivos e grupos sociais, que puideron empregalo para unha variedade de obxectivos non contemplados inicialmente.

 

Documental

Tráiler