Intelixencia artificial para a sociedade

Título: Intelixencia artificial para a sociedade
Autor/a: Óscar Manuel Rey Calo; Fina Paulos Lareo
Editorial: Medulia Editorial S.L.
Ano: 2024
Páxinas: 208
Contido:
Esta obra é unha oportunidade única para achegarse á intelixencia artificial dende unha perspectiva clara e sinxela. Goza de gran valor educativo, xa que pode ser unha ferramenta moi útil no ensino secundario para a materia de “Intelixencia Artificial”, pero a súa lectura e uso están destinados a calquera persoa que teña curiosidade por esta revolución tecnolóxica que se vai achegando a cada recuncho das nosas vidas.
“Intelixencia Artificial para a sociedade” é unha ferramenta que dotará ao lector dunha perspectiva clara e meridiana da presencia da IA nas nosas vidas e cara onde se encamiña. Ademais, contén multitude de supostos prácticos que fan un repaso polas ferramentas de IA máis axeitadas para o seu uso en diversas situacións do día a día.