Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística

Título: Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística
Autor/a: Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso
Editorial: Consello da Cultura Galega
Ano: 2025
Páxinas: 327
Contido:
Desde o humor e a performance ata os espazos educativos, familiares e dixitais, os estudos recollidos en Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística abordan temas centrais da sociolingüística contemporánea: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, o contacto entre variedades e as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Na conxunción de enfoques teóricos e metodolóxicos diversos, as autoras e autores ofrecen unha visión ampla e crítica da diversidade lingüística como práctica social atravesada por tensións ideolóxicas.