Ir o contido principal
mediateca
Mediateca

A nena lectora

Título: A nena lectora

Autor/a: Manuel Rivas

Editorial: Ed. Xerais

Ano: 2021

Páxinas: 40

Contido:

Entre finais do século XIX e comezos do XX a cidade da Coruña foi faro do pensamento libertario en Galicia. Os ateneos e as bibliotecas de barrio eran a porta de acceso á cultura das clases populares. Nas fábricas de tabacos e de mistos as traballadoras organizáronse para mellorar as súas condicións de vida. A lectura dentro das fábricas é o símbolo poderoso deste movemento de esperanza que se viu truncado a partir de 1936. Este libro é o segundo título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.