Ir o contido principal
mediateca
Mediateca

A casa grande

Image

 

Título: A casa grande

Autor/a: Olaia Sendón

Editorial: Xerais

Ano: 2025

Páxinas: 176

 

Contido:

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. «A Casa Grande» é unha novela poderosa e íntima que mergulla nas contradicións das relacións familiares. Un relato cheo de humor, nostalxia e verdades incómodas, que nos lembra que todos estamos feitos, dalgún xeito, das historias que outros deixaron atrás.