Ir o contido principal
mediateca
Mediateca

A cámara escura

Título: A cámara escura

Autor/a: José Luis Baños de Cos

Editorial: Galaxia

Ano: 2021

Páxinas: 72

Contido:

Pode recoller unha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada.

José Luis Baños de Cos presenta nesta peza un texto actual ao que se lle pode sentir o pulso da escena, con diálogos áxiles a través dun rexistro de lingua próximo á mocidade. Porén, non faltan referencias ao teatro clásico, como a figura do coro, transformado en grupo de WhatsApp, personaxe colectivo que revolve conciencias.