Ir o contido principal
formacion
Ampliacións

Diseñando aulas para pensar en Matemáticas

14 prácticas docentes para mejorar el aprendizaje

Autor: Peter Liljedahl
Editorial: Ned Ediciones, 2024

Autor da recensión: Martín Antonio Mosquera Liñares
martin.mosquera [at] edu.xunta.gal (martin[dot]mosquera[at]edu[dot]xunta[dot]gal)
Centro autonómico de formación e innovación de Galicia (CAFI)

 

 

 

Durante os últimos anos, Peter Liljedahl, profesor de Didáctica das Matemáticas na Universidade Simon Fraser, en Canadá, percorreu diferentes aulas observando e entrevistando a alumnado e profesorado de todos os niveis. Axiña descubriu algo preocupante nas clases de matemáticas. A maior parte do tempo, o alumnado simplemente non pensa. A partir desa revelación naceu a idea central que impulsaría o seu traballo e, finalmente, este libro: se o alumnado non pensa, non aprende.

O libro defende un novo modelo. Cambiar o sistema actual de ensinanza por aulas colaborativas centradas no pensamento, nas que se ofrezan oportunidades reais para que o alumnado poida pensar. Propón unha transformación tanto na forma en que o alumnado aprende como na maneira na que o profesorado deseña e desenvolve a súa práctica docente.

Na súa investigación, Liljedahl identificou catorce prácticas de ensino que favorecen o pensamento do alumnado, todas elas fundamentadas en investigación de aula. Cada unha destas prácticas aborda un aspecto clave da aprendizaxe, e a partir delas o autor formula unha serie de cambios orientados a converter a aula nun lugar onde se pense de verdade.

A través de exemplos reais, mostra como favorecer o pensamento na aula utilizando unha linguaxe clara e accesible. Ofrece consellos concretos e suxestións que permiten comezar a aplicar estas ideas de inmediato. Invítannos a introducir pequenos cambios que contribúan a transformar as aulas, sen perder de vista a premisa fundamental do libro: se o alumnado non pensa, non aprende.