XXV Rebumbio Matemático
Concurso matemático
A Asociación galega de profesorado de educación matemática (AGAPEMA) convoca o XXV Rebumbio Matemático.
Esta actividade, dirixida a alumnado de 6º de primaria, tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo, de aí a súa estrutura (grupos de 3 persoas) e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver son variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven ao estudantado.
A fase local celebrarase o venres 24 de abril e os grupos finalistas terán a fase final o 22 de maio.
Inscrición ata o 1 de marzo para os centros.
palabras clave