XXI Olimpíada de Bioloxía
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e a OEB (Olimpiada Española de Biología), coa colaboración da súa Consellería, convocan a XXI Olimpíada de Bioloxía (Fase autonómica galega).
Poderá participar todo o alumnado matriculado en 2º curso de Bacharelato durante o curso 2025/26, en centros de educativos de Galicia de calquera titularidade, e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados nas bases.
A fase presencial celebrarase o 6 de febreiro de 2026 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Prazo de inscrición: do 13 de novembro ao 19 de decembro de 2025.