XXI Concurso de fotografía Xurxo Lobato
Desde a Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña convócase este concurso dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e de escolas de arte de Galicia (límite de idade ata 21 anos).
De tema libre, cada persoa participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou cor, sen marcas de auga e dixitalizadas para a súa presentación.
Data límite de entrega: antes do 31 de marzo de 2026.
palabras clave