XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2014
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, consciente da importancia que ten o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística do alumnado, promove, en colaboración coas comunidades autónomas e os centros docentes, o XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía, co obxectivo de fomentar o uso correcto da lingua española.
O concurso desenvolverase en tres fases sucesivas:
- Primeira fase: No centro docente.
- Segunda fase: No ámbito da comunidade autónoma, dirección provincial do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou consellería de educación no exterior.
- Terceira fase: Nacional.
Unha vez celebradas as dúas primeiras fases, os responsables da segunda fase inscribirán o candidato que resultase seleccionado na mesma para participar na fase nacional.
Poderán participar na devandita fase nacional os alumnos dos centros docentes españois que se atopen matriculados durante o curso 2014/2015 no segundo curso de Bacharelato.