Xornadas Programas Europeos
O programa Erasmus +
O vindeiro 18 de outubro celebraranse na sede da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela as Xornadas Programas Europeos. O Programa Erasmus+, co fin de informar e divulgar o novo programa marco europeo Erasmus + cunha vixencia ata 2020. Os obxectivos que se perseguen son:
1. Proporcionar información sobre os programas europeos centralizados e descentralizados no contexto do Erasmus+.
2. Mostrar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.
3. Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.
A matrícula pode realizarse a traves de https://www.edu.xunta.es/fprofe/, na actividade: G1402012.
palabras clave