XII Premio "Concepción Arenal" a proxectos educativos pola igualdade
PREM-CA/2025
Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente, e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, a Deputación da Coruña convoca o XII Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero.
Poderán participar os centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, educación especial ou educación secundaria.
O prazo de presentación de proxectos remata ás 14:00 horas do día 30 de outubro de 2025.
palabras clave