V Premio Ateneo CINEDUCA
Mostra internacional de cine e educación
O Ateneo de Santiago convoca o V PREMIO ATENEO CINEDUCA, dirixido a todos os niveis educativos non universitarios de Galicia.
As obras terán unha duración aproximada de entre 10 e 20 minutos, incluídos títulos de crédito, e tratarán, en xeral, temas relacionados con experiencias educativas ou procesos de aprendizaxe.
Cada centro poderá presentar un máximo de dúas obras, enviando un enlace privado ao enderezo electrónico ateneo [at] ateneodesantiago.gal (ateneo[at]ateneodesantiago[dot]gal), antes do 15 de marzo de 2026.
Establécese un primeiro premio dotado con 1.000 euros e un segundo premio de 500 euros. Tamén se outorgará un accésit e 300 euros a aquela obra que o xurado considere merecente deste recoñecemento.