Uso creativo de tabletas en educación
Europen Schoolnet Academy, plataforma virtual educativa formada por máis de 31 Ministerios de Educación, que ofrece cursos en liña para docentes de primaria e secundaria, convoca o MOOC sobre “Uso creativo de tabletas en educación" que pretende apoiar os docentes no inicio do uso de dispositivos móbiles e acercarlles aos novos enfoques de ensinanza e aprendizaxe 1:1 fomentados polo uso destes dispositivos.
Estruturado en catro módulos, ofrécese unha introdución xeral ao uso das tabletas nas escolas (módulo 1) e logo analízase como esta ferramenta pode apoiar os novos enfoques de aprendizaxe, tales como a creación de contidos, aprendizaxe colaborativa, aprendizaxe personalizada ou o modelo de clase invertida (módulos 2, 3, 4). Por primeira vez, a pesar de que o curso se impartirá en inglés, os embaixadores nacionais apoiarán en todo momento a súa realización, asistindo os participantes na lingua nacional de cada país.
O curso, gratuíto, comeza o vindeiro 13 de abril de 2015 e terá unha duración de cinco semanas.
Máis información e inscrición na web do curso