Proxectos Educativos educaBarrié
Coa finalidade de estimular e recoñecer o labor do profesorado, a Fundación Barrié a través de educaBarrié propón unha convocatoria anual de proxectos escolares, apoiando a súa realización cos recursos materiais e humanos necesarios, e difundindo os resultados no seu portal educativo.
Os proxectos deberán estar relacionados coas seguintes áreas de actividade: Patrimonio, Cultura, Educación, Investigación e Acción Social, e desenvolverse ao longo do curso escolar 2013-14
Seleccionaranse 5 proxectos educativos en tres modalidades:
- 2 proxectos intercentros onde, como mínimo, colaboren dous centros educativos, dos que polo menos un deles debe ser galego.
- 2 proxectos de centro nos que interveñan, polo menos, dous departamentos didácticos.
- 1 proxecto colaborativo no que participe co centro unha institución sen ánimo de lucro.
Prazo para a presentación dos proxectos: do 17 de setembro ao 13 de decembro de 2013.
Toda a información AQUÍ
palabras clave