Proxectos educativos de educaBarrié 2014-15
Coa finalidade de estimular, recoñecer e apoiar o labor do profesorado, a Fundación Barrié a través de educaBarrié propón unha convocatoria anual de proxectos escolares á que se poderán presentar iniciativas promovidas polo profesorado que se levarán a cabo nos centros educativos de Galicia.
Establécese inicialmente a selección de:
- 2 proxectos intercentros, onde, como mínimo, colaboren dous centros educativos. Polo menos un dos centros educativos debe ser galego. É posible a participación de centros do resto do territorio español ou do estranxeiro.
- 2 proxectos de centro, nos que interveñan, polo menos, dous departamentos didácticos.
- 1 proxecto colaborativo, no que participe co centro educativo unha entidade ou asociación sen ánimo de lucro.
Prazo: do 2 de xuño ao 15 de setembro de 2014.
Máis información nesta LIGAZÓN.