Proxecto Relaciona 2013
Os obxectivos deste proxecto "A práctica da Paz na escola" dirixido ao profesorado, mediante a súa sensibilización e formación son:
Promover o debate entre o profesorado sobre as situacións de violencia que se producen nos centros educativos
Reflexionar sobre a importancia da práctica docente nos cambios dos modelos e os valores que se asocian á masculinidade e a feminidade
Prestar atención ás relacións e a comunicación na educación como medio imprescindible para eliminar a violencia
Os destinatarios son os docentes de educación infantil, primaria e secundaria, na modalidade de grupos de traballo (entre oito e quince persoas dunha mesma localidade ou zona educativa). A actividade desenvolverase nos propios centros solicitantes ou nos CFR da provincia no primeiro trimestre do curso escolar 2013/2014 cunha duración total de 12 horas (distribuídas en varias xornadas).
A metodoloxía basearase en:
- Partir da situación de cada centro educativo e das experiencias que as persoas participantes poñan en común
- Aclarar conceptos e analizar conflitos concretos que xurdiran no centro
- Propor solucións, concedendo especial relevancia ao valor das relacións e da comunicación nos procesos educativos
A solicitude enviarase por correo electrónico co asunto : "SOLICITUDE PROGRAMA RELACIONA 2013/2014 " ao seguinte enderezo: vx.igualdade [at] xunta.es (vx[dot]igualdade[at]xunta[dot]es) e nela deberán figurar os seguintes datos:
Denominación do centro
Persoa de contacto no centro
Teléfono de contacto
Enderezo electrónico de contacto
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de maio de 2013
A selección dos centros participantes farase en relación a:
1. Orde de entrada das solicitudes no enderezo electrónico sinalado, tendo en conta que se concederá unha actuación formativa por provincia
2. No caso de recibirse máis dunha solicitude por provincia terán preferencia os centros da provincia que non participaran no proxecto Relaciona en anos anteriores
En Galicia este Proxecto lévase a cabo mediante a financiación do Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a convocatoria e coordinación da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a colaboración da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Acceso á WEB do Proxecto Relaciona