Programa de Educación Cívico-Tributaria nos centros educativos
A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) publicou un ano máis o programa de Educación Cívico-Tributaria, dedicado á pedagoxía tributaria, no que se transmiten valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e co fin de fomentar a conciencia fiscal colectiva.
Trátase de charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de primaria, ESO e Bacharelato, para explicar que son os impostos, para que serven, que é a fraude fiscal e a importancia de evitala. Ademáis, para avaliar o coñecemento previo lo alumnado, os participantes realizaran un test con carácter previo á sesión.
Para realizar a solicitude, os centros interesados deberán contactar a través do correo electrónico informacion.asistencia.sscc [at] atriga.es (informacion[dot]asistencia[dot]sscc[at]atriga[dot]es)