Programa Atrévete 2014/2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estenderá o vindeiro curso 2014-15 a toda Galicia o programa "Atrévete", que se desenvolve no marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende.
Tras as exitosas experiencias desenvolvidas en Santiago e Ourense en colaboración coas asociacións de empresarios, o departamento educativo da Xunta de Galicia decidiu abrir a todos os centros sostidos con fondos públicos que impartan 6º de Primaria e 2º de ESO na Comunidade Autónoma a posibilidade de inscribirse nesta iniciativa, que ten como obxectivo fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor.
O programa complétase, un ano máis, co concurso "Atrévete a ter unha idea", no que as alumnas e alumnos participantes deberán propoñer unha idea de negocio e redactala en, como máximo, dous folios. Haberá un premio para 6º de Primaria e outro para 2º de ESO, que consistirá nun ebook.
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico fpplus [at] edu.xunta.es (fpplus[at]edu[dot]xunta[dot]es), co seguinte asunto: PROGRAMA ATRÉVETE. O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2014. Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado, tendo en conta que se asignará unha visita por nivel.
Máis información AQUÍ