Premios Nacionais de Educación 2014
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou a través da Resolución do 4 de setembro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades (BOE do 15 de setembro de 2014), os Premios Nacionais de Educación no ensino non universitario correspondentes ao ano 2014, na categoría de rendemento académico do alumnado.
A finalidade destes premios é outorgar recoñecemento ao especial aproveitamento do alumnado que cursase cun rendemento académico excelente calquera das seguintes ensinanzas: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Ensinanzas Artísticas Profesionais nos ámbitos de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño.
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do 15 de outubro de 2014.
Para formalizar a solicitude deberase cubrir e rexistrar o formulario de inscrición, que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites e servizos».
Toda a información sobre destinatarios, requisitos e condicións de participación na páxina web da convocatoria do MECD.