Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria
A entidade mercantil Real Automóvil Club de España, RACE, e a empresa Good-Year, coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico e a Secretaría de Estado para a Educación, Formación Profesional e Universidades, entre outros, organizan a 2ª edición dos Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria.
OBXECTIVO:
O obxectivo deste certame é incidir na conciencia viaria dos menores de 14 anos, un dos colectivos máis vulnerables en materia de tráfico, a través da súa participación na elaboración de curtametraxes que transmitan boas prácticas, así como educar os rapaces na cultura mediante a promoción das artes escénicas
DESTINATARIOS:
Os destinatarios deste certame son os centros de primaria de todo o Estado, que poderán organizar grupos de 8 alumnos/as para elaborar as súas curtas.
PRAZO:
O prazo de participación no certame rematae o día 15 de maio de 2014.
Máis información de interese na WEB.