Premios Mil Primaveras
2025
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a unha nova edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.
Poden optar a estes premios todas as accións, campañas, programas e proxectos que teñan como obxectivo principal fomentar a lingua e incrementar o seu uso e/ou prestixio e que foran desenvolvidos total ou parcialmente en 2022, 2021, 2022 ou 2025.
A inscrición nos Premios Mil Primaveras é voluntaria e deberán realizala as persoas ou entidades responsables dos proxectos, accións, campañas ou programas de normalización lingüística.
O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro de 2026.
palabras clave