Premios Miguel Hernández 2015
A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca a edición 2015 dos premios "Miguel Hernández". Este certame ten por obxecto recoñecer e divulgar o labor realizado por aquelas institucións públicas, entidades privadas sen ánimo de lucro e centros públicos de educación de persoas adultas de todo o Estado que se distingan pola súa aportación eficaz á aprendizaxe ao longo da vida das persoas adultas, así como por:
- ofrecer unha educación e formación permanente innovadora de calidade ás persoas adultas.
- a súa achega eficaz nas diferentes formas de alfabetización.
- favorecer o acceso á educación e a formación dos grupos socialmente desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade.
- contribuír ao incremento da participación e permanencia en formación permanente.
Poderán concorrer a estes premios institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, de todo o Estado, e centros públicos de educación de persoas adultas que se destacaron polas actuacións anteriormente mencionadas.
O prazo de solicitudes finalizará o 21 de setembro de 2015.