Premios Isabel Zendal
A Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico, convoca a VIII edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica.
O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.
Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas. Desde este marco de comunicación científica, tamén se valorará que sexan sensibles á erradicación das diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.
O prazo de presentación de traballos remata o 23 de abril ás 14:00 h.