Premios Estratexia NAOS 2015
A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición convoca, mediante a Resolución do 9 de xuño de 2015, a novena edición dos Premios Estratexia NAOS. Poderá concorrer a estes premios, nalgunha das súas oito modalidades, calquera persoa física, agrupación, institución ou entidade pública ou privada que iniciase ou desenvolvese algún proxecto, programa, actividade ou plan innovador coincidentes cos obxectivos da Estratexia NAOS dende que esta se iniciou no ano 2005, entre eles impulsar a prevención da obesidade e outras enfermidades crónicas derivadas, a través dunha alimentación saudable e a práctica regular de actividade física.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de decembro de 2015.
Acceso á convocatoria.
Máis información na WEB da Estratexia NAOS