Premio Evens de Educación para a Paz 2013
O mércores 30 de xaneiro celébrase o Día escolar pola paz e a non violencia. Coincidindo con esta data a Fundación europea Evens fai pública a convocatoria do Premio Evens de Educación para a Paz 2013, dotado cun único premio de 25.000 €.
Este certame vai dirixido a centros de primaria de toda Europa co obxectivo de recoñecer o traballo de integrar e poñer en marcha na organización e na filosofía educativa dos centros os principios de educación para a paz, especialmente naqueles centros que fagan unha énfase particular na resolución positiva dos conflitos.
A data límite de entrega dos proxectos é o 15 de marzo de 2013 e deben estar escritos en inglés.
Máis información AQUÍ.
palabras clave