Premio eTwinning 2013
Un grupo de alumnos do IES San Clemente compostelán crea, xunto con outros estudantes europeos, o cómic “Pek, la Pulga Viajera’, ganador do concurso eTwinning 2013 na categoría de 16 a 19 anos. En palabras destes alumnos: “Foi un traballo en equipo, a distancia e en lingua estranxeira”.
Crear as historias en grupo de xeito coordinado entre os distintos centros e convertilas nunha banda deseñada foi a tarefa principal dun proxecto no que os alumnos tiveron que estudar outras culturas e linguas europeas, aprender a deseñar obxectos de mercadotecnia e a empregar software libre (LibreOffice, GIMP e Scribus).
eTwinning é unha acción educativa da Comisión Europea dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente, como medida de acompañamento de Comenius. O seu obxectivo é promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesores e alumnos dos países que participan en eTwinning, a través das TIC.
Máis información deste programa AQUÍ