Petiscos de ciencia
Certame 2025
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a cuarta edición do certame Petiscos de ciencia, co obxectivo de atraer o interese do estudantado de ensinanza secundaria e formación profesional cara á actividade científica e fomentar a creación de recursos de divulgación científica en galego.
O prazo de presentación de traballos remata o 15 de outubro de 2025.