Novas miradas
Novas Miradas é unha programación cinematográfica pensada para alumnado de 4º de ESO, Formación Profesional e Bacharelato que reúne a proxección de varias películas. Foi deseñada conxuntamente coa Asociación A Bao A Qu e vai acompañada dun encontro online co profesorado no que se darán a coñecer algúns principios e metodoloxías para abordar o cinema como cultura e creación.
Ao longo do curso escolar, proxectaranse na sala de cinema da Filmoteca de Galicia na Coruña varias películas, acompañadas dunha presentación e un coloquio posterior. Algunhas destas películas, as do catálogo de CinEd, tamén poderán programarse polos centros de ensino doutras localidades de Galicia e contarán para iso co asesoramento do persoal da filmoteca.
Os docentes ou centros que queiran participar no proxecto poden contactar coa Filmoteca de Galicia a través do seguinte correo electrónico: monica.garcia.iglesias [at] xunta.gal (monica[dot]garcia[dot]iglesias[at]xunta[dot]gal) ou dos teléfonos 881 881 269 / 881 881 260.