Nortear
O Premio Literario Nortear - Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal. Ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores.
b) Estimular a produción de obras inéditas no ámbito da ficción.
c) Incentivar a creatividade literaria entre a mocidade escritora residente na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais.
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras.
Poden participar no Premio Nortear todas as persoas, nacidas ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos e que presenten unha obra orixinal e inédita, encadrada no
xénero narrativo, subxénero conto, escrita en lingua portuguesa ou galega.
A data final para o envío das obras é o 30 de setembro de 2015.
Acceso ás BASES do Premio.