Mulleres na sombra
Certame de fotografía
O Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente convoca o VI Certame de Fotografía “Mulleres na sombra” dirixido a todo o alumnado de centros públicos.
As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e terán que visibilizar o papel e a participación actual das mulleres na música, na transmisión oral ou na expresión cultural galega. Pode ser a través de retratos, escenas de festa e comunidade, símbolos ou mesmo composicións abstractas que evoquen ritmo e harmonía.
O prazo de participación estará aberto até o 17 de maio do 2025 ás 23:59 horas.
palabras clave