Feira matemática 2015
Con motivo da conmemoración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas, a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) celebra o sábado 16 de maio, no recinto de Palexco na Coruña, esta Feira matemática na que cada centro, profesor ou grupo de alumnos, de calquera etapa do ensino, pode expoñer as súas propostas didácticas ou actividades.
Ademais do tradicional concurso de Fotografía Matemática de anos anteriores, dende a pasada edición da Feira convócase tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, coa colaboración da Fundación Barrié.
Toda a información dos tres concursos, así como o envío de materiais e a votación do público, faise a través deste blog.
Máis información nesta LIGAZÓN
palabras clave