Educación en dereitos
Educación en dereitos é un programa educativo de UNICEF para impulsar nos centros escolares de infantil, primaria e secundaria unha educación baseada nos dereitos da infancia que promove o cumprimento dos dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes, como establece a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno, fomentando entre a infancia e a xuventude actitudes e valores tales como a solidariedade, a paz, a tolerancia, a xustiza social ou a concienciación respecto a temas ambientais, e proporcionándolles coñecementos e aptitudes que permitan facelo de xeito responsable e comprometido.
Educación en dereitos conta con materiais educativos (guía metodolóxica e fichas de avaliación) que se poden descargar gratuitamente desde a web e recursos on line para a comunidade educativa.