Digicraft en tu Cole
Coa finalidade de implementar nos cursos 2020/21 e 2021/22 nos centros escolares galegos sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria o proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan o proceso de selección dos centros.
As solicitudes deberán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A, dirixindo a solicitude a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) de Presidencia.
Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico digicraft [at] edu.xunta.es (digicraft[at]edu[dot]xunta[dot]es) segundo os prazos establecidos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xaneiro de 2021.