Día de Europa
Concurso de carteis
O Día de Europa celébrase cada 9 de maio co fin de por en valor a paz e a unidade do continente. A data marca o aniversario da histórica declaración de Schuman na que o ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixera impensable un conflito bélico entre as nacións europeas, primeiro paso para a integración e a creación da primeira comunidade europea: a orixe da actual Unión Europea.
Como conmemoración, celébrase o concurso de carteis "9 de maio, Día de Europa" dirixido aos centros educativos de Galicia co obxecivo de fomentar a comunicación e a difusión da Unión Europa.
O prazo de presentación remata o 23 de abril ás 15:00 horas.