Cursos de verán da UIMP
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, organiza estes cursos de verán que terán lugar desde o 30 de xuño ata o 17 de xullo de 2015.
A finalidade principal desta convocatoria é actualizar as competencias pedagóxicas e didácticas do profesorado en exercicio das distintas ensinanzas reguladas pola LOE co obxecto de poder responder adecuadamente aos desafíos educativos actuais.
De entre todas as propostas, na sede da UIMP na Coruña celebraranse os seguintes cursos:
- Aprendizaxe creativo e innovación docente (do 6 ao 10 de xullo)
- A oralidade do século XXI: da rúa ás aulas pasando pola rede (do 13 ao 17 de xullo)
O período de inscrición comezou o 5 de maio e rematará o vindeiro 24 de maio de 2015.
Máis información nesta ligazón
palabras clave