Concursos de ADOS
Desde a Coordinación Autonómica de Transplantes (CAT) da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) preséntase unha edición máis dos distintos concursos convocados pola CAT en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional co ánimo de seguir traballando en espertar interese entre o alumnado sobre a importancia da concienciación na doazón de órganos e tecidos:
- VIII Concurso de carteis relacionado coa doazón e os transplantes: dirixido ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º e 3º de ESO.
- XII Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes: dirixido ao alumnado de 4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e superior e de ensino artístico regrado.
O prazo de presentación rematará o 30 de abril de 2026.