Concurso Platino EDUCA
Está aberto o prazo de inscrición na II edición do concurso nacional de curtametraxes escolares Platino EDUCA. A inscrición neste concurso conleva a formación previa de 30 horas nun curso online composto por 5 webinarios (10 horas), 10 horas do curso online “Cómo hacer un corto de ficción en el aula” e 10 horas para a elaboración do traballo final que consiste na creación dun corto non superior a 5 minutos.
Os finalistas acudirán a unha gala que se celebrará en Caixa Fórum Madrid a medidos de xuño de 2026. Platino EDUCA correrá cos gastos de 6 alumnas/os y 2 docentes.
Para poder participar é preciso apuntarse a través deste formulario:
As prazas están limitadas a 20 e os centros serán admitidos por orde de inscrición ata o venres 5 de decembro ás 14:00h.