Becas High School 2015/16
A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié, no seu afán por mellorar o ensino e o nivel de preparación dos novos estudantes de Galicia, continúan o seu compromiso co programa de bolsas para a realización dun ano académico en Estados Unidos, nun instituto de ensino público High School, promovendo a aprendizaxe e o intercambio de culturas.
Nesta VI edición, o programa de Bolsas persegue a consecución dos seguintes obxectivos:
- Aprender inglés, e mellorar as aptitudes de aprendizaxe nos mozos.
- Contribuír á formación integral do estudante.
- Potenciar a confianza dos estudantes e a capacidade de adaptación a un novo ámbito.
- Desenvolver a capacidade dos alumnos para avaliar os seus propios progresos. Fomentar o respecto ás culturas e o intercambio de costumes.
- Prepararse ante os retos dun mundo globalizado.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 3 de outubro de 2014 ás 12.00 h. e remata o 17 de novembro de 2014 ás 12.00 h.
Toda a información nesta ligazón