XXV Congreso da Asociación de Xeógrafos Españois
Data inicial
Data final
Lugar
Madrid
50 anos de congresos de Xeografía. Natureza, territorio e cidade nun mundo global.
Organizado pola AGE e o Departamento de Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid, coa colaboración do Colexio de Xeógrafos, o XXV Congreso da Asociación de Xeógrafos Españois celebrarase en Madrid os días 25, 26 e 27 de outubro de 2017.
Tras algo máis de cincuenta anos ininterrompidos de congresos bienais de Xeografía, esta vixésimo quinta edición do Congreso da AGE volve, con memoria e renovados enfoques, sobre tres asuntos vertebrais da ciencia e a profesión xeográficas: a natureza, a cidade e o territorio. Eses tres eixos do congreso complétanse con dous eixos transversais, un sobre o ensino da Xeografía e outro sobre métodos e tecnoloxías xeográficas para a sociedade da xeoinformación.
Toda a información na web do Congreso.