XXI Xornada Científica REALITER
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Terminoloxía e cambio social
A Rede Panlatina de Terminoloxía REALITER agrupa diversas entidades académicas e institucionais que traballan no eido da terminoloxía, principalmente das linguas románicas, e invita nestas Xornadas a especialistas desta área a participar e presentar as súas achegas arredor do tema Terminoloxía e cambio social.
Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
O evento celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.