XX Encontros para a normalización lingüística
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG) organiza a vixésima edición destes Encontros que estará centrada na relación entre lingua e deporte. Ademais, farase balance das vinte edicións celebradas ata o momento (1993-2018).
No evento contarase coa participación de deportistas de diferentes tipoloxías (profesional e de afección, de elite e de base, de deportes de masas e tradicionais...), de persoas do ámbito do adestramento, representación federativa e de clubs, responsabilidade institucional, ensino, formación, comunicación, administración, xestión... para que compartan a súa experiencia lingüística en relación co uso/non uso da lingua galega.
A inscrición é gratuíta e o o número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.