A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA convoca a XVIII Feira Matemática que se celebrará o día 22 de marzo no “Hall de Proa” de Palexco na Coruña baixo o lema “A maxia das Matemáticas”.
Coa Feira convócanse tamén tres concursos: Fotografía Matemática, Esopías e Matmonólogos.
O prazo de inscrición na feira está aberto ata o 8 de marzo de 2025 (ou ata completar aforo).