A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza estas Xornadas, dirixidas ao profesorado non universitario, que se celebrarán no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela o vindeiro sábado 14 de abril de 2018. A actividade ten como obxectivos ofrecer ferramentas didácticas para a docencia da lingua e a literatura galegas, así como reflexionar sobre o proceso de normalización lingüística no ámbito do ensino.