A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago organiza esta Xornada, que terá lugar o 30 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Nesta edición o fío condutor das diferentes intervencións será o aproveitamento das novas tecnoloxías para a promoción dos recursos didácticos en galego.
O evento diríxese nomeadamente ao alumnado e o PDI da Facultade de Ciencias da Educación da USC, pero tamén a calquera profesional interesado/da en coñecer mellor os recursos educativos dispoñibles en galego.