XVII Seminario Nacional atención educativa ao alumnado inmigrante
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
O alumnado de orixe inmigrante na escola: acollida e desenvolvemento educativo
O GI ESCULCA organiza o XVII Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, que nesta edición se centrará na abordaxe dos plans e programas de acollida do alumnado de orixe estranxeiro e o seu impacto no desenvolvemento educativo.
O Seminario celebrarase en formato presencial na Facultade de Ciencias da Educación (Edificio Sur, USC) os vindeiros 24 e 25 de outubro de 2025.
Está solicitada a homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado (12 h), certificación suxeita á asistencia a un mínimo do 80% das sesións.