A transversalidade da linguaxe en todas as dimensións da actuación humana permite explicar a complexidade dos estudos lingüísticos e, consecuentemente, a amplitude e variedade de disciplinas que, desde a Lingüística Xeral, pretenden avanzar na investigación e o coñecemento das linguas e da capacidade da linguaxe.
Todas elas achan cabida neste encontro, que aspira a converterse nun foro de discusión e de frutífero intercambio académico.