APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia) organiza as XV Xornadas de Tecnoloxía que se celebrarán os vindeiros 27 e 28 de maio no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui.
O curso, que oferta 120 prazas dirixidas, principalmente, ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas. O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da orde do 29 de xaneiro de 2016, pode solicitar, a través da dirección do centro, á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude.